(curtametraxes)

Valor de día

Nunha oficina calquera, unha empregada sofre ataques de ansiedade tras enterarse de que a empresa vai facer unha resestruturación do persoal. A partir daí comeza unha serie de situacións e vivencias moi disparatadas. Que ocorrerá con esta muller? Botarana do traballo?.. 

 

Vellas

No amor non se pode dar nada por sentado, nin en canto á idade, nin en canto a quen pode ser a persoa escollida. "Vellas" é unha historia de amor prohibido entre dúas mulleres da terceira idade nunha aldea galega.

Véndese

Carlos é un home de mediana idade que ten que vender o seu coche por problemas económicos. Coñece a Miguel (Xúlio Abonjo), que semella interesado nel. Ambos os dous inician un percorrido que os levará a un destino ben distinto do que parecía.

Verbas

Curtametraxe experimental que pretende alentar coa palabra á dignificación, á defensa e á divulgación da nosa lingua, sen prexuizos, sen vergoña,... a fume de carozo.

Vida

Pablo é un rapaz con discapacidade que actualmente traballa nos servizos de limpeza da cidade, empeza a valorar a posibilidade de emprender un soño en solitario. Elena é unha moza con discapacidade que se enfronta a unha proba vital para tomar unha das decisións máis importantes da súa vida, na que entran en xogo vida, morte, paixón, egoísmo, medos e perdón. 

Vidas en sombra

Tres historias independentes de suspense e intriga, onde a realidade se mestura coa imaxinación. Tres persoas dentro de cadanseu cuarto, en diferentes situacións. Estarán soñando ou a vida semella un soño?...

Voarei lonxe

Un tenso drama rural sobre a soidade e a xenreira acumulada e, de trasfondo, a venda de terreos para a instalación de parques eólicos.