SARA

Telefilme galego-catalán dirixida pola catalana Silvia Quer. Este foi o primeiro telefilme rodado en galego. Comercializado en DVD con audio en galego. 

A trama principal do filme transcorre entre unha parella de alto nivel social e económico na que a muller sofre malos tratos psíquicos e físicos. Sara (Laura Conejero) está casada con Daniel (Manuel Barceló) un profesor da Universidade que ao atoparse coa presión de obter a súa Cátedra en estudios medievais comeza a maltratala. Sara pertence a unha clase social acomodada na que ese tipo de circunstancias ocultanse tralas apariencias, e así ela vive o seu drama en silencio. 

Titulo orixinal: Sara
Tipo: Longametraxe
Xénero: Filme para televisióndrama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90´
Orixe: Galicia-Cataluña
Ano: 2002
Idioma V.O.: Galego
Dobrada: Catalán, castelán

Distribuidora: Biblos Clube de Lectores / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / La Voz de Galicia
Préstamo: Centro Galego de Artes da Imaxe
Produtora: Televisión de Galicia / Televisió de Catalunya / Ignacio Benedeti Cinema S.L. / Bausan Films, S.L. / Alea TV

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de direcciín: Gerard Verdaguer
Dirección fotografía: Toni Anglada
Guión: Helena Medina / Jaume Cabré
Música: / Javier Navarrete
Montaxe: Frank Gutiérrez
Produción: / Ignacio Benedeti
Produción Executiva: / Xosé Zapata
Xefatura de son: Àlex Ferré / Juan J. Gay López

Director

Silvia Quer

Elenco

Laura Conejero Manel Barceló Sonia Castelo Manuel Botana Paco Campos
María Bouzas Laura Ponte Anna Lizaran María Álvarez Quim Roca
Juanjo Guimarey Albert Dueso Rupert Twine Gertraud Brilmayer

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO