R (curtametraxes)

Raccord do carallo

Durante unha rodaxe uns inexplicables erros de raccord sucédense no plató. O director pasará da incredulidade inicial á máis absoluta desesperación cando estes erros pasen do plano da imaxe ao da realidade.

Rainy day

En ningures chove como na cidade vella de Santiago. Unha celebración compostelá pasada pola auga. Onde a auga se converte en arte e a arte en auga.

Rancor

A historia desvelaranos intres clave na vida de Teo, dende a súa infancia ata a actualidade, pasando por unha adolescencia dura... Rancor é unha historia da vida. Fálanos do medo e a soidade, os logros, o abandono, a tristura, o “amor”…Ambientado en Galicia nun marco rural dos anos 80 ata a actualidade.

Reflexos

Unha ollada ao interior dunha alma atormentada pola súa propia maldade. Unha viaxe pola conciencia dun ser que asumíu a violencia como bastón xusticieiro, mais que, finalmente, perde a súa particular batalla contra si mesmo.

Relación de acordes

Carlos e Ana coñécense unha noite nun bar e gústanse. Despois quedan para unha primeira cita. Dan un paseo á beira do río mentres intiman e ábrense o un ao outro: máis risas, moitas máis miradas, moita máis conexión. Bícanse...

Restart

Curtametraxe de ciencia ficción sobre viaxes no tempo. Andrea está atrapada nun bucle temporal. Será quen de rompelo?.

Retorno a Tagen Ata

Unha moza nova volve a Tagen Ata, a súa terra e un país sen liberdade, para se entrevistar co líder da resistencia interior, e personaxe misterioso. Na entrevista este dille que xa non hai motivos para a loita tras concederlle desde o poder central certa autonomía ao país.

Roi e a fada

unha fada quedou petrificada na Idade Media, e cada ano, coincidindo co solsticio de verán, volve á vida para tentar a un mozo da parroquia para escoller entre ela e un tesouro. A avaricia leva finalmente aos escollidos a decantarse pola segunda opción, polo que fican petrificados.

Rosa dos ventos

O home de Rosa non volverá. Levouno o mar. Ela busca consolo nos recordos, pero descobre que non son abondo para calmar o baleiro de tantos anos de soidade. O mar é a clave na vida destas persoas, tanto para os que están, como para os que xa non.

Rota

Un relato dramático sobre o xeito de vida actual, a incomunicación entre os membros familiares, a soedade, o illamento persoal e o posterior sentimento de  desacougo e falta de rumbo.