PELERINAXES

Filme do director italo-galego Simone  Saibene, protagonizado pola actriz lucense Carmen Méndez, que encarna a Luzía, unha investigadora licenciada en audiovisual que percorre as oito etapas do camiño entre Ourense e Santo André. Conforman tamén o reparto Xoel Yáñez, Alfonso Míguez, Ruth Sabucedo e Isabel Risco. Na estrea deste filme a última, neta de Vicente Risco, leu en Ortigueira o discurso que en 1927 lle foi negado ao seu avó, por ser considerado un revolucionario durante a ditadura de Primo de Rivera.

Este documental de ficción, inspirado no libro Pelerinaxes, fai o mesmo camiño que fixeron, en 1927, Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey, entre Ourense e Santo André de Teixido (Cedeira). Un camiño que comeza na Praza do Ferro da cidade de As Burgas e que percorre diversas localidades das provincias de Ourense, Lugo e A Coruña (Vilamarín, Monterroso, Palas de Rei, Lugo, Rábade, Vilalba, As Pontes e Ortigueira, entre outros). Foi un 5 de xullo, hai 89 años, cando Otero Pedrayo, Vicente Risco e Ben-Cho-Shey emprenderon esa viaxe desde Ourense cara a Santo André de Teixido.

Titulo orixinal: Pelerinaxes
Tipo: Documental
Xénero: Histórico, ficción
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 80´
Orixe: Galicia
Ano: 2016
Idioma V.O.: Galego

          

Produtora: Noveolas Producciones S.L.
Emisión ou proxección: Santo André de Teixido

FICHA ARTÍSTICA-TECNICA

Axudante de cámara: Sara Horta
Dirección fotografía: Jairo Iglesias
Guión: Simone Saibone
Música: / Manuel Carballo / Daniel Minimalia / Ruxe-Ruxe
Montaxe: Jairo Iglesias / Jairo Iglesias
Produción: Simone Saibone
Xefatura de son: Amaro Mariño

Director

Simone Saibene

Elenco de actores

Carmen Méndez Xoel Yáñez Isabel Risco Alfonso Míguez Ruth Sabucedo

Autores da obra

Otero Pedrayo Vicente Risco Ben-Cho-Shey

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO

 

Titulo orixinal: 
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia Drama
Produción propia 
Realizada a cor
Capítulos: 
Duración dos capítulos: 
Orixe: Galicia
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego

Emisión ou proxección: 

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: /
Dirección fotografía: 
Guión: 
Música: / 
Montaxe: 
Xefatura de son: /

Director

 
 

Elenco

         
         

IMAXES DO FILME

 

VER EN LIÑA

galego