OS LUNS Ó SOL

Titulada orixinalmente en castelán Los lunes al sol, é un filme de Fernando León de Aranoa protagonizado por Javier Bardem e actores galegos como Luís Tosar ou José Ángel Egido entre outros. Esta produción rodada principalmente entre Vigo e Xixón  e estreada en 2002, obtivo unha grande acollida, sendo merecedora de multitude de premios, entre eles varios premios Goya.

O escenario desta película é unha cidade costeira do norte, inubicada, que podería ser Vigo, Ferrol, Xixón, Bilbao ou tantas outras. Os protagonistas son un grupo de amigos ós que a reconversión industrial deixou no paro. Pasan os días entre a inactividade e a despesperación, matando o tempo nun bar onde se reúnen, tentando espantar a pantasma do desemprego. Pasean polas rúas sen rumbo fixo e pola falta da rutina laboral chegan a perder a autoestima e mesmo a esquecer en que día de semana viven.

Titulo orixinal: Los lunes al sol
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 113'
Orixe: España
Ano:  2002
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Recadación: 9.772.087 € 
Espectadores: 2.103.393

Emisión ou proxección / Televisión de Galicia 
Produtora / Andrea Occhipinti / Continental P, / Elías Querejeta Eyescreen S.R.L.Jaume Roures - Mediapro / Jerome Vidal / Quo Vadis Cinema / TVG
Soporte técnico a rodaxes / Spencer SFX

 

IMAXES DO FILME

VER FILME EN LIÑA                       (En español)

BAIXA-LO FILME                            (Galego)

VER TRAILER / ANACO