O CLUB DA CALCETA

Telefilme dirixido por Antón Dobao no ano 2009 e producido por Ficción Producciones, Televisión de Galicia, Diagonal TV e Televisió de Catalunya. Rodouse en Ferrol entre setembro e outubro de 2008 e está protagonizado polas actrices galegas Mela Casal, Susana Dans, Sonia Castelo e María Vázquez e a catalá Katia Klein. Forma parte do proxecto Un mundo de historias, sendo o quinto relato da literatura galega adaptado por Dobao.

Conta a historia dun grupo de mulleres moi distintas, pertencentes a diferentes clases sociais que se reúnen semanalmente para practicar a calceta, unhas horas que aproveitan tamén para compartir os seus problema e preocupacións e loitar contra unha sociedade machista e clasista cunha trama de misterio, relacionada cunha serie de mortes que se producen na cidade, como fondo.

Titulo orixinal: O club da calceta
Tipo: Longametraxe
Xénero: Filme para televisionintriga
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 90'
Orixe: Galicia
Ano: 2008
Idioma V.O.: Galego
Importe subvencións: 168.340 €

Emisión ou proxección / Televisión de Galicia 
Produtora / Diagonal TV / Ficción Producciones, S.L. /Televisió de Catalunya / Televisión de Galicia
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia)

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO