O BOSQUE ANIMADO

Película estreada en 2001, foi un grande éxito do audiovisual galego no campo da animación. Foi a primeira película de animación 3-D realizada en Europa. está baseada na novela do mesmo nome de Wenceslao Fernández Flórez. Producida por Dygra Films e dirixida por Ángel de la Cruz e Manolo Gómez, realizouse en 3D tras un traballo de 4 anos no que participaron máis de 400 profesionais. O orzamento do que se dispuxo ascendeu a 550 millóns de pesetas.

No bosque conviven en paz animais e árbores cando aparece un novo e estraño viciño: o poste. Cando a harmonía do entorno é alterada pola man do home, os moradores do monte loitarán para recuperala.

Titulo orixinal: El bosque animado
Tipo: Longametraxe-animación
Xénero: Comedia, aventura
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 85'
Orixe: Galicia
Ano: 2001
Idioma V.O.: Castelán
Subtitulada: Inglés e francés
Dobrada: Galego
Orzamento: 3.747.230 €
Importe subvencións: 125.000 €                            

                

Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe
Produtora / Dygra Films, S.L. / José Frade 
Subvención pública / Consellería de Cultura

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: / Alejandro Bálsamo 
Guionista: / Manuel Cristóbal / Ángel de la Cruz 
Montaxe: / Mercedes Arcones / Ángel de la Cruz /David López 
Música: / Tito Barbeito / Arturo Kress 
Produción: / Manuel Cristóbal / Manuel Gómez 
Xefatura de produción: / Juan Nouche 
Xefatura de son: / Manolo Cora / Carlos Faruolo

Directores

    Ángel de la Cruz      Manolo Gómez

Elenco de voces

Nacho Castaño Carolina Vquez. Ana Lemos Xoan Diéguez

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

VER TRAILER / ANACO