O ANO DA CARRACHA

Coprodución galega do ano 2004 dirixida por Jorge Coira e protagonizada por Verónica Sánchez, Félix Gómez e Javier Veiga. Con guión de Carlos Portela, trátase dunha comedia xuvenil caracterizada polo sarcasmo e as referencias xeracionais á cultura alimentada de televisión, cine e rock.

Fran chega ó inevitábel intre de acaba-la carreira. A partir de aí, xorden unha chea de dilemas dos que vai depender o seu futuro. O seu primeira traballo, os problemas coa súa moza provocados pola crise post-licenciatura e a lotaría das oposicións van a traer de cu ó protagonista. Cada decisión será vital, aínda que Fran terá a guía de Morgan, fillo de ricos e fachendoso teórico do "carrachatismo", do que aprenderá moito sobre como chegar á doce vida da dependencia paterna.

Titulo orixinal: El año de la garrapata
Tipo: Longametraxe
Xénero: Comedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2004
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Recadación: 490.650 € 
Espectadores: 108.135

                

Distribuidora: Filmanova S.L. 
Produtora: Filmanova S.L. / Lugopress, S.L. 
Sonorización, locución e dobraxe: Son do Tagalem

 

IMAXES DO FILME

 

VER EN LIÑA

BAIXA-LO FILME

 

VER TRAILER / ANACO