MARÍA (E OS DEMAIS)

Cuarto traballo da produtora galega Frida Films, dirixida por Nely Reguera e protagonizada por Bárbara Lennie (gañadora do 'Goya' 2015 á mellor actriz por 'Magical Girl') e o redondelano José Ángel Egido (gañador do 'Goya' ao Actor Revelación polos 'Luns ao Sol'', na repartición destacan Julián Villagrán, Pablo Derqui, Vito Sanz e os galegos María Vázquez, Miguel de Lira, Luisa Merelas, Ernesto Chao e Xulio Abonjo., estreouse nos cines en Galicia en decembro de 2016.

Dende que morreu a súa nai, María coidou do seu pai e dos seus irmáns. Responsábel e controladora, sempre foi o piar da familia e séntese orgullosa diso. Por iso, cando o seu pai anuncia que casa con Cachita, a súa simpática enfermeira, María sente que o seu mundo se esborralla. Chegou o momento de atreverse a vivir a súa propia vida.

Titulo orixinal: María (y los demás)
Tipo: Longametraxe
Xénero: Drama, comedia
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 96´
Orixe: Galicia-Cataluña
Ano: 2016
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego, catalán

Produtora:  Frida films, Avalon
Emisión ou proxección: Festival de Cine de San Sebastián, Festival CiBRA de Toledo

FICHA ARTÍSTICA-TÉCNICA

Dirección fotografía: Aitor Echeverría
Guión: Diego Ameixeiras Roger Sogues,  Eduard SolaValentina Viso
Música: / Nico Casal
Montaxe: Aina Calleja
Dirección artística: / Andrea Pozo
Axudante de dirección: Isabel de Ayguavives
Produción executiva/ Sergio Frade FragaLuisa Romeo

Directora

Resultado de imaxes para nely reguera,.
Nely Reguera

Elenco

 
Alba Loureiro
Daniela Nerger

IMAXES DO FILME

BAIXAR O FILME

VER O TRAILER / ANACO