L  (curtametraxes)

Lady Lazarus

Unha misteriosa parella ten un fillo. Un comportamento inusual dela. Unha ausencia que os separa. Amor e morte convivindo nun fogar de silencio.

Lanzadeira 7

Dous individuos vidos dalgún outro lugar fican abraiados co que van vendo e atopando no camiño que van percorrendo. 

Laranxa e media

Tras case 9 meses dende que Xan e Sonia se coñeceran por internet, estes aínda non saben cal é o aspecto físico o un do outro. Despois de unha longa espera deciden quedar en persoa. Pero o amor non é tan sinxelo como parece.

Latexos

Unha parella de noivos, ámbolos dous promíscuos. A historia líase cada vez máis ao transcorrer o tempo. Como a vida mesma!. 

Lembrar

Un filme que trata dos recordos, ou mellor dito, da falla dos mesmos dun home (Fernando Morán) que non pode lembrar quen é nin o que foi.

Lemniscata

Curtametraxe experimental na que un home conduce o seu coche atopando no seu camiño persoas vestidas de branco ás que atropella para que despois aparezan no asento traseiro do seu vehículo.

Lentura

Unha historia arredor do abandono do agro, do avelloamento da poboación e do crucial papel da muller nas sociedades urbana e rural.Unha muller maior ten que deixar a aldea e ir vivir á cidade coa súa filla, pero non se dá adaptado ao novo medio. 

Limbo

A incapacidade de Xosé para aceptar a nova realidade da súa vida empúrrao a unha espiral de loucura e autodestrución.           

 

Lïmite 12 horas

Un pequeno equipo enfróntase ao reto de rematar unha peza audiovisual breve en medio día.Cinco persoas, 12 horas e un reto por diante: levar a cabo todo o proceso dunha curta, tanto creativo coma técnico en medio día. Coma a serie 24 pero na metade de tempo e cunha curta.

Liña 52

Dous mozos acaban de coñecerse nun autobús da liña 52, comezan a falar e semella que a cousa vai ben ...

Loita

Inspirada na obra de Varela Buxán O ferreiro de Santán, panfleto anticaciquil ambientado no proceso preelectoral dunha parroquia rural galega.

Longo sendeiro de pedra

Viaxe sonoro e visual onde a pedra é o elemento vertellador do que emerxen conceptos como o traballo, a morte, o misticismo...tomando Galicia coma escenario.

Low costo

Un thriler onde se mesturan distintos temas de actualidade como son o racismo, o narcotráfico e a delincuencia xuvenil, entre outros.

Lúa azul

Un vendedor de zapatos a domicilio chega á vivenda dun pintor de cadros. A historia transcorre en torno a unha das súas obras inconclusa.

Lúa chea

Irene, unha muller que vive entregada ao seu traballo e, sobre todo, ao seu marido Roberto, ve a súa vida repentinamente truncada ao descubrir que este a engana con Melisa. A partires dese momento Irene decide tomar cartas no asunto e facerlles ver, ao seu xeito, o dano que lle fixeron.

Lurna

Lurna é unha moza africana que soña cunha vida mellor. Un día emprenderá unha viaxe coa ilusión e a esperanza de atopar un soño. O que Lurna non sabe é que pronto desexará voltar.

Luz

Un rapaz e unha rapaza que son parella tratan de afrontar o día a día e de superar o vacío que deixou nas súas vidas a morte dun fillo. Fala  sobre encontrar a luz que guíe o camiño a seguir.

Luz verde

Ermitas é unha muller de pobo que chega a cidade a altas horas da madrugada para comprar un medicamento de urxencia. Ó chegar atópase con que o farmacéutico non lle quere vender o medicamento por non ter a receita, mentres este atende a todo tipo de xente sen ningún problema.

Lvoluten Osken

Unha historia de cinco minutos surrealistas de pesimismo de cor de rosa, parvadas e batido de amorodos.