Pero o xerme do movemento que intentou articular un verdadeiro cine galego localízase no Club Amateur coruñés, no cal Díaz Noriega e os novos cineastas que traballaban baixo a súa dirección deron os primeiros pasos a finais dos anos 60. Nos 70 tamén foi pioneiro o colectivo santiagués Lupa, encabezado dende a súa creación, en 1971, por unha serie de nomes vinculados dende tempo atrás ao teatro galego, como foron Euloxio Ruibal, Félix Casado ou Roberto Vidal Bolaño.

Fendetestas. (1975)

Naquela época, o cinema presentábase como un elemento para preservar e dar a coñecer o patrimonio cultural galego, baseándose nun discurso audiovisual propio, autóctono, que afundía as súas raizames na plástica galega. Pouco despois de Lupa fórmase na Coruña o grupo Enroba, impulsado inicialmente por un home formado na canteira de Díaz Noriega, Enrique Rguez. Baixeras, ao que se uniron inicialmente Miguel Gato e Xavier Iglesias e, máis adiante, Antonio Simón. A actividade de Enroba acaba coa rodaxe de A tola (1975), película de 16 mm. que foi secuestrada por parte do Tribunal de Orden Público nas III Xornadas do Cine en Ourense. 

Imaxe relacionada

Pero o grupo máis activo eo que mobilizou un maior número de xente foi o coruñés Imaxe (1973-80), liderado por Carlos Aurelio López Piñeiro. Xa en 1974, tras a rodaxe de Serán, unha adaptación libre de Retorno aTagem Ata, un relato de X. L. Méndez Ferrín, vanse incorporando ao grupo unha serie de mozos. Cada un deles asumiu unha faceta técnica, de tal xeito que o grupo Imaxe alcanzou unha estruturación comple 

Resultado de imaxes para a tola, miguel gato

José Gato e Miguel Castelo. Pioneiros do cine galego

Victor Ruppén (1940-2018), unha especie de mecenas e empresario de orixe catalá, entra a apadriñar o grupo, o que supón o paso aos 16 mm con Illa (1975), dirixida como as anteriores por López Piñeiro. Mentres tanto, un estudante ourensán de Ciencias da Información, Eloy Lozano Coello, comeza a traballar de xeito independente en 1973, ano no que realiza unha curtametraxe en súper 8 titulada Homúnculo. Pero será en 1974 cando marque un fito na cinematografía galega coa presentación, coa súa produtora Praia Lenta Films, de Retorno a Tagen Ata, a primeira película galega rodada en formato profesional de 35 mm, outra volta aproveitando o texto de Ferrín.

Resultado de imaxes para retorno a tagen ata, cine galego

 Retorno a Tagen Ata. (1974)

Son momentos clave da década dos 70, na que unha parte do cine de Galicia tentaba dar un xiro cara aos grandes formatos buscando unha maior profesionalidade, mentres xurdían proxectos e ideas e facían a súa aparición novos nomes, como Chano Piñeiro con Os paxaros morren no aire(1977), Xavier Villaverde.con A semente (1977), Un intre na vida de Manuel (1977), A rebelión das pulgas (1978) ou produtores como Víctor Ruppén ou Ismael González. En 1975, xa fóra de Imaxe, Ruppén dá o paso a 35 mm coa produción de Fendetestas, filme dirixido e coescrito por Antonio Simón con Miguel Gato, baseándose na novela O bosque animado, de Fernández Flórez. A partir de aí e ata 1977, Ruppén producirá –xa sempre en 35 mm– tres títulos máis que, xunto o anterior, forman parte do bloque máis coñecido do incipiente cine galego dos anos setenta: O herdeiro (1976, Miguel Gato), O cadaleito (1976, Enrique Baixeras, inicialmente en 16 mm) e O pai de Migueliño (1977, Miguel Castelo).

O pai de Migueliño. (1977)

No terreo da ficción, continúa destacando a actividade do grupo Imaxe, en formato súper 8, no que Xavier Villaverde filmou A semente (1977), A rebelión das pulgas (1978) e Aos meus queridos pais que me están escoitando (1979), Xosé Manuel Villanueva Un intre na vida de Manuel (1978) e Juan Cuesta Duelo (1979). O equipo retoma os 16 mm en 1979, con tres proxectos moi distintos entre si: Circos (1979, Xavier Villaverde), A cidade que se nos vai (1979, Carlos A. López Piñeiro) e Era unha vez unha fábrica (1979, Carlos A. López Piñeiro).

O herdeiro. (1976)

Así se chega ata 1980, ano no que se conflúen unha serie de circunstancias que repercutirán posteriormente no futuro da nosa cinematografía. Realízase a primeira longametraxe de produción galega dende 1930, Malapata, dirixida por Carlos A. López Piñeiro, na que participaron os membros do equipo Imaxe e que supón a fusión de distintas contribucións empresariais. A consecuencia do seu escaso éxito foi a inmediata dispersión dos membros do grupo, que se adicaron en diante a campos distintos no mundo da imaxe e da cultura.
Galicia está por debaixo doutras comunidades históricas en canto ao número de películas realizadas na década dos oitenta e principios dos noventa e en canto a propostas concretas para dotar a súa cinematografía dunha infraestrutura mínima sobre a que poder asentarse a medio e longo prazo. As produtoras que xorden naquel momento en Galicia son de tipo modesto e mesmo familiar, trátase de empresas de capital escaso, con pouca ou nula capacidade para acceder aos mercados interiores e exteriores e, na súa maior parte, dependentes dos recursos alleos, cubrindoo resto do investimento con contribucións privadas e con diferentes apaños dos equipos técnicos e artísticos, tales como créditos privados, traballo sen retribuír ou modelos cooperativos con pequenos desembolsos. Este fenómeno dá lugar a un tipo de produciónque pode cualificarse de voluntarista e que repercute forzosamente na calidade final e na súa rendibilidade económica. Ademais, o problema agrávase coa falta de canles e circuítos axeitados para a súa distribución.

Resultado de imaxes para malapata, cinegalego

  Imaxes da rodaxe de Malapata. (1979)

O movemento cinematográfico galego que se inicia nos anos setenta tivo un alcance limitado no que se refire á súa difusión e explotación que, en contadas ocasións, foi máis alá do marco das xornadas, semanas, encontros ou festivais especializados que se prodigaron naqueles anos, cando non foi visionado por grupos de espectadores moi concretos localizados en ámbitos universitarios, cineclubistas ou culturais. Trátase dunha produción na súa maior parte de curtametraxes e realizada en formatos non comerciais (súper 8 ou 16 mm), circunstancias que unidas á precariedade dos recursos industriais, aos modelos tomados como referencia e ás súas connotacións políticas e ideolóxicas, condenábana de antemán a unha existencia restrinxida a círculos minoritarios.