"J"  (longametraxes)

Jalisco

Un escritor mexicano vén a Galicia para investigar un caso terríbel, pescuda na que contará coa axuda dun xornalista galego. O motivo do seu interese é un compatriota seu que en 1948 matara a coiteladas a tres familiares despois dunha discusión. Case trinta anos despois, haberá máis mortes... 

Juana de Vega. Vizcondesa do arado

En 1871, Juana de Vega, tras unha vida intensa e xa ao final dos seus días, dita o seu testamento. A súa gran preocupación é deixar en marcha o seu último proxecto: unha Granxa Escola para os campesiños do lugar. Ante a curiosidade do avogado por este interese case obsesivo de Juana, a Condesa inicia o relato dunha das historias da súa vida..