G  (longametraxes)

Galadas

Sebastián, un delincuente de pouca monta excarcerado hai pouco, procura traballo nunha pequena empresa galega, non por vocación senón por intereses inconfesados. Descobre que o peixe conxelado serve de tapadeira para outro negocio moito máis lucrativo: O tráfico de cocaína

Galatasaray-Depor

Unha muller de negocios en Moscú, un excursionista en Estambul, un pelegrín húngaro en Compostela e unha parella francesa en Berlín. Catro casos de roubo de equipaxe, catro comisarías de policía, catro problemas de entendimento lingüístico, catro visións da Champions League. Todo o mesmo día da final entre o Galatasaray e o Deportivo da Coruña.  

Gordos

Comedia dramática dirixida onde se rela cinco historias que xiran ao redor da obesidade, cun ámbito común: un grupo de terapia. Un sitio onde os protagonistas non van adelgazar, senón a atopar os motivos polos que están coma preas, non descubrir as causas polas cales están a desgusto co seu corpo. O peso é o de menos, o seu corpo é o de menos.