ENTORRADOS

Comedia absurda para personaxes excéntrico dirixida por Carlos Sante, Pablo Sánchez "Pablísimo" e Germán Tejada. Os dous actores do filme realizan todos os personaxes do mesmo.

Un día calquera, un domingo quizais, mellor despois do xantar, ou de botar unha soneca... pos o teu traxe de romano, ou a túa perruca de sueco, o teu disfrace de corvo, a túa gabardina con parches, ou esa dentadura que che desfigura o rostro... e vas ti, e baixas á rúa, e sen preguntarte o porqué, camiñas e converxes... déixaste levar por inercia... paseas e chegas... chegas á torre, por que non...alí vai toda clase de xente... alí podes atopar, un día calquera, quizás un domingo deses de sesta, o do disfrace de lagarto, o dos anteollos saltóns, o gánster fumeante, o que fala para dentro... o que se pareza máis a ti.

Titulo orixinal: Entorrados
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Comedia
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 18´
Orixe: Galicia
Ano: 2006
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada.: Galego
Orzamento: 22.000 €
Importe subvencións: 5.000 €

Axudas ou subvencións: Xunta de Galicia           

FICHA ARTÍSTICA

Dirección artística: Ángel Amaro
Guión: Pablo Sánchez Pérez / Germán Tejada
Produción: / Pablo Sánchez Pérez / Carlos Sante
Maquillaxe: Raquel Fidalgo

Directores

Germán Tejada Pablo Sánchez Carlos Sante

Elenco

Carlos Sante Pablo Sánchez

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego

VER TRAILER / ANACO