ENCALLADOS

Filme da produtora galega Zircozine con dirección de Alfonso Zarauza, que chegou ás salas de exhibición no 2014 despois da súa rodaxe dous anos atrás. Xulio Abonjo (no papel de Alfonso), Federico Pérez (como Pato), Ricardo de Barreiro (no personaxe de Andy) e Farruco Castromán (no de Farruco) para construír unha trama na que un grupo de amigos se unen co propósito de realizar un filme, co sumario xudicial do caso do afundimento do ‘Prestige’ como pano de fondo. O reparto suma tamén as aparicións de Luis Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez.

O traspés financieiro da industria cinematográfica e un sistema de axudas públicas pouco operativo fan que un director de cine teña que reinventar o guión dun filme en dúas semanas. Entre él e dous recoñecidos guionistas galegos mergúllanse nun proceso creativo que non parece ir a bo porto. No proceso de escritura teñen que lidiar coa presión do produtor, as dificultades de escribir sen caer en tópicos e o complicado de equilibrar a creatividade coas posibilidades reais de produción, ata que se decatan de que o propio proceso creativo que están vivindo ten entidade propia coma historia. 

Titulo orixinal: Encallados
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramafeito para televisión
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 85´
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Importe de subvencións: 125.000 

Produtora: ZircoZine
Axuda pública:  Agadic / Consellería de Cultura

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Alberto Díaz “Bertitxi”
Guión: Alfonso Zarauza
Axudante de dirección: / Pablo Atienza
Montaxe: Adrián Pino
Produción: Pablo Atienza
Xefatura de son: Daniel Fernández / Xavier Souto

Director

Alfonso Zarauza

Elenco

Xulio Abonjo Fco. Castroman Federico Pérez R. de Barreiro Marcos Pereiro
Luis Tosar Patricia Vázquez

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO