E  (longametraxes)

Ecos

No intento por rescatar a súa filla de morrer afogada, Alba perde o coñecemento. Ao acordar entéirase de que a nena desapareceu. Atormentada pola culpabilidade, Alba escoita sons, que pouco a pouco se converten en voces de mortos. Entre elas, a dunha nena que non é a súa filla.

Eduardo Barreiros, O Henry Ford galego

A carreira profesional de Barreiros, un rapaz ourensán de pobo, comezou coa xenial idea de converter motores de gasolina en motores diésel, chegando a crear un imperio industrial con case 25.000 traballadores, a pesar da hostilidade dun sector gobernamental tan influente como o INI.

Encallados

Un grupo de amigos únense co propósito de realizar un filme, co sumario xudicial do caso do afundimento do ‘Prestige’ como pano de fondo.O traspés financieiro da industria cinematográfica e un sistema de axudas públicas pouco operativo fan que un director de cine teña que reinventar o guión dun filme en dúas semanas.

Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

Trama sobre Emilia Pardo Bazán, pioneira en moitas facetas da cultura española. Desenvolveu unha cátedra universitaria, a primeira xornalista profesional da península, ideóloga do feminismo decimonónico e autora de novelas, libros de viaxes, biografías e preto de mil ensaios, artigos e crónicas na prensa española e internacional.. 

Engurras

Emilio e Miguel son dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de alzheimer, conta coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar ó andar dos eivados. 

Entre bateas

Filme que narra o conflito na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. 

Era outra vez

Uns ex-compañeiros da mesma promoción de xornalistas reúnense durante unha fin de semana despois de dez anos acabados os seus estudos, unha promesa que se fixeran no seu momento. A reunión consiste nunha fin de semana enteira, que comeza cunha merenda.

Espirito do bosque

A trama da película, ambienta da Fraga de Cecebre, ao igual que a súa anterior produción,O biosque animado, consiste no intento das árbores e animais da mesma en impedir que se constrúa unha estrada a través do bosque. 

Eu, o tolo

Un relato surrealista e metafísico en torno a un extravagante personaxe, "Eu". "Eu" casa coa súa querida e ben amada bicicleta. Acusado do asasinato do vehículo, foxe da cadea e chega a ser presidente do goberno.