DOENTES

Longametraxe galega de ficción, producida en 2011 con dirección de Gustavo Balza. Está baseada na obra homónima de teatro de Roberto Vidal Bolaño. O filme estreouse en Galicia o 20 de maio.

A historia narra os avatares dos dous personaxes, que percorren a cidade entre as sete da tarde e as sete da mañá, nunha Compostela trepidante, chea de sorpresas, verdades inconfesábeis, enfermos, peregrinos perpetuos e pobres. Ocorre que a noite é negra, como o futuro, como o corazón dos homes, como o país, e faise moi longa. Así, unha noite de apacible vagabundeo convértese nunha louca carreira pola supervivencia de dos estraños amigados pola dor que, non podendo cambiar o mundo, por moito que o intentan, loitan, polo menos, e con todas as súas forzas, por chegar a velo, outra vez, mañá.

Titulo orixinal: Doentes
Tipo: Longametraxe
Xénero: DramaComedia
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 95'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego (5 copias)
Importe subvencións: 300.000 €
Capital Galego: 100 %

Produtora / Filmanova Invest Zircocine, S.L. 
Subvención ou axuda pública / Agadic / Xunta de Galicia

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

BAIXA-LO FILME

VER TRAILER / SECUENCIAS