CURRICÁN

Curtametraxe escrita e dirixida por Álvaro Gago Díaz, cineasta galego novo que roda por primeira vez na terra que o veu medrar. Celso Bugallo, galardoado cun Goya, acompañará ao equipo de Curricán.

En Vilanova de Arousa, Andrés e os seus dous netos, Tomé e Xan Curricán, saen a pescar unha última vez para despedi-lo verán. O sol pega forte e as miñocas retorcense na procura da sombra. Xan sostén a súa canica da sorte contra o ceo, reflectindo destellos de luz na súa faciana. Entretanto, Tomé continúa a lanzar o chumbo lonxe da popa do barco. De volta ao porto, a piques de caer o sol, Andrés comanda unha proa que nunca se cansa de surcar as ondas do Atlántico. Os ollos de Tomé e Xan brilan coa pesca das últimas cabalas do día ao curricán.

Titulo orixinal: Curricán
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Aventura
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 15´
Orixe: Galicia
Ano: 2014
Idioma V.O.: Galego
Subtitulada: Castelán
Orzamento: 10.000 € 

                

Emisión ou proxección:  Festival de Cans /          Curtocircuíto 2014                                  

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: Miguel Gago Caamaño
Dirección fotografía: Rafael Medina Adalfio
Guión: Álvaro Gago
Música: / Nico Casal
Montaxe: Álvaro Gago
Dirección artística: Ana Gallego
Produción: Álvaro Gago / Alberto Gago / José Rodríguez
Son: / Miguel Barbosa / Diego S. Staub

Director

Álvaro Gago

Elenco

Celso Bugallo Iago Ferreiro Javier Fernández

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO