CONTINENTAL

Filme galego dirixido por Xavier Villaverde no ano 1990. Trátase dun drama de 97 minutos de duración. Comparte con Sempre Xonxa de Chano Piñeiro,  e con Urxa de  Carlos López Piñeiro  e  Alfredo García Pinal a honra de ser unha das primeiras longametraxes de ficción galegas.

O Continental é un bar prostíbulo situado nunha zona portuaria que se disputan dúas bandas de mafiosos. Ambas estiveran no pasado a cargo do mesmo capo, Gonçalves, o que levaran por diante na súa loita polo poder. Porén, transcorridos varios anos desde a desaparición deste, a súa sombra parece seguir pesando en forma de maldición sobre os membros das bandas.

Titulo orixinal: Continental
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramaintriga
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 97'
Orixe: Galicia
Ano: 1989
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Recadación: 163.628 € 
Espectadores: 103.994

Emisión ou proxección / Televisión de Galicia 
Préstamo / Centro Galego de Artes da Imaxe
Produtora / Televisión de Galicia (TVG) / Xavier Villaverde Asociados, S.L. 
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura

 

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego galego español

BAIXA-LO FILME