COA TÚA CARA

Primeira curtametraxe escrita e dirixida por Francisco Calvelo no ano 2003.

Un asasino a soldo é contratado para acabar coa vida dunha persoa anónima. Todo sae dacordo co previsto mais esta morte é o punto de inflexión no estado psicolóxico do noso protagonista, que a raíz do seu traballo comeza a ver e sentir a presenza dunha muller nos seus soños e na súa casa. Estas alucinacións fanse cada vez máis fortes ata que engulen totalmente o protagonista, acabando coa súa identidade.

Titulo orixinal: Coa túa cara
Tipo: Curtametraxe
Xénero: Terror
Produción propia 
Realizada en branco e negro
Duración: 24´
Orixe: Galicia
Ano: 2003
Idioma V.O.: Ningunha lingua
Orzamento: 60 €

                

Produtora: Videoclub Misterio                             

FICHA ARTÍSTICA

Dirección fotografía: Francisco Calvelo
Guión: Francisco Calvelo
Produción: / Francisco Calvelo
Montaxe: Francisco Calvelo

Director

Francisco Calvelo

Elenco

Francisco Calvelo Susana Mouzo Fernando Macías Pablo Rivas

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA