CANDO O SOL QUENTA MÁIS

Curtametraxe documental feita por Alba Prol para o máster en cine documental da University of the West of England (UWE) en Bristol, Inglaterra. Seleccionada pola UWE para representala no Sheffield International Documentary Film Festival no  2011.

En Galicia hai máis de 1.400 aldeas totalmente abandonadas, e máis de 5.600 tan só contan con cinco ou menos habitantes. Porén hai un momento do ano cando todos eses lugares se enchen de vida e semellan recuar no tempo: Co gallo das festas patronais, as festas do pobo. Este traballo achégase á Galicia rural actual a través desas celebracións populares e conta a historia dunha familia galega moi común, aldeá e emigrante, desde unha perspectiva íntima. 

Titulo orixinal: When the sun hits hardest
Tipo: Documental
Xénero: Etnográfico
Produción propia 
Realizada a cor
Duración: 30´
Orixe: Galicia-Inglaterra
Ano: 2011
Idioma V.O.: Galego, inglés e casteán 
Subtitulada.: Inglés e casteán 
Orzamento: 500 

Produtora: University of the West of England       

FICHA ARTÍSTICA

Cámara: Alba Prol Cid
Produción: Alba Prol Cid
Montaxe: Alba Prol Cid

Directora

Alba Prol

IMAXES DO FILME

VER EN LIÑA

galego inglés