B (curtametraxes)

Bágoas de ouro

Nesta familia.todo semella encaixar perfectamente de portas para fóra. Olivia, a filla, non é consciente da realidade que está a vivir, xa que Rafa, o seu pai, ten todo tan ben estructurado que non deixa nin un só fío solto para que Olivia poda ver o que realmente está a pasar na súa familia. .

Bágoas no mare

Carmiña e Xan é unha parella de Muxía que pasa por distintos sucesos que farán reflexionar a cada un deles.

Baseado en feitos reais...que puideron ter acontecido

Unha furgoneta de aluguer circula de noite e, de súpeto, aparece un control da Garda Civil. A partir daí móntase unha lea que ninguén podía imaxinar.

Bechos raros

José Luis perténcevos á tribu urbana dos “sinistros”, Raul é un “friki” dos video-xogos e Eva unha fervente adepta da astroloxía. Os tres sofren a marxinación dunha maioría que os rexeita por seren “diferentes”.

Berberecho

Un home inadaptado senta nun bar a reflexionar sobre a vida e sobre os parroquianos do bar, mentres toma unha cervexa. O bar non é outro que o Berberecho, situado nunhas galerías do ensanche compostelán.

Bilingüe

Helena é unha actriz de Allariz que chega a Santiago de Compostela a facer un curso de danza, instalándose no piso da súa amiga Carmen. Alí atópase con Diego, en certo modo parella de Carmen, e entre os dous xorde certa tensión sexual.

Bilingüismo cordial

Un mozo cun currículum excelso acode a unha entrevista laboral para ocupar un importante cargo. Todo indica que o posto será para el, ata que abre a boca... e fala galego.

Bloqueo

Cando unha moza queda fóra da casa sen chaves verase nunha espiral surrealista para tentar amañar a incómoda situación.

Boa sorte

Un obreiro fai uso da máxia negra para cambiar e mellorar o seu destino, ao intercambiar a súa vida pola de outra persoa que quizais estea nunha mellor posición social. Que vai acontecer?

 Bos días

Ramón évos un broker de bolsa moi particular, un individuo cara dura, ao que só o motivan dúas cousas, o sexo e os cartos.

 

Bosque

Un home camiña perdido polo deserto; ten pouco tempo antes de caer desfalecido na búsqueda dunha saída. Unha muller esta durmida dentro dun túnel; soa o móbil, esperta e comeza a camiñar. Dous personaxes diferentes pero co mesmo punto en común: a procura.