A ROSA DE PEDRA

Dirixido por Manuel Palacios e baseado nunha historia de Manuel Rivas, estreouse o 25 de xullo de 1999 en Canal+, nunha programación especial con motivo da celebración do Xacobeo 99.  A película está protagonizada por Paulina Gálvez, Marta Belaustegui  e Laura Ponte.

Tres mulleres viaxan a Santiago de Compostela para realizar unha reportaxe de moda. Na cidade o percorrido polas rúas, o encontro cos seus personaxes, principalmente co cego Bastián, contador de contos, vai transformando a realidade das protagonistas. 

Titulo orixinal: La rosa de piedra                         Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramafilme para tv
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 85'
Orixe: Galicia
Ano: 1999
Idioma V.O.: Castelán
Dobrada: Galego
Orzamento: 631.085 €

Distribuidora / Televisión de Galicia (TVG) 
Produtora / Canal + / Continental Producciones, S.L. /Televisión de Galicia (TVG)

 

FICHA ARTÍSTICA

Dirección artística: / Juanra Martín 
Dirección de produción: / Pilar Pérez Solano 
Dirección fotografía: / Teresa Medina 
Figurinista: / Estívaliz Markiegi 
Guionista: / Jesús Díaz / Elvira Varela 
Maquillaxe: / Raquel Fidalgo 
Montaxe: / Ángel Hernández Zoido 
Música: / Eva Gancedo 
Perruquería: / Javier Mosteiro 
Produción Executiva: / Pancho Casal / Ramón Salgado 
Xefatura de son: / Agustín Peinado

Director

    Manuel Palacios

Elenco

  
Paulina Gálvez Laura Ponte (2) Marta Belaustegui Quico Cadaval Maxo Barjas
Cristina Pascual Vicente de Souza Farruco R. Schez"Luna" X.M.Olveira Pico
Laura Ponte Rosa Álvarez

Autor da obra

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO