A PAIXÓN DE MARÍA SOLIÑA

Longametraxe de corte histórico que describe o nacemento, a estrutura organizativa e a función do tribunal da Inquisición Española a través do proceso contra María Soliña en Galicia a principios do século XVII. Contase a crónica dos feitos facendo fincapé nas motivacións históricas e sociais que houbo detrás das acusacións de bruxería de aqueles tempos.
María Soliña é unha das personaxes lehendarias da cultura galega que mellor define a loita contra a adversidade e a represión do poder. A súa historia resume á perfección a persecución á que se viron sometidas moitas mulleres, non so en Galicia senón tamén en toda Europa, acusadas de bruxería e xulgadas polo Tribunal da Inquisición. María Soliña converteuse nunha icona da cultura galega, a súa historia foi transmitida de xeito oral para ser tratada ó longo de todos estes anos por numerosos artistas e historiadores ata convertela nunha nova Juana de Arco.

Titulo orixinal: A paixón de María Soliña
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramafeito real
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 66'
Orixe: Galicia
Ano: 2012
Idioma V.O.: Galego

Produtora / Productora Faro, S.A. 
Subvención ou axuda pública / Agadic /  Deputación de Pontevedra

 

 

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: / Andrea Vázquez
Cámara: / Damián Varela
Deseño de decorados: / Raquel Vázquez
Dirección fotografía: / Jose Fernández
Guionista: / Alfonso Castaño / Emilio Fernández
Maquillaxe: / Isabel L. de Diego
Montaxe: / Damián Varela
Música: / Iván Salgado / Mel de Meiga
Xefatura de produción: / Javier Collazo
Xefatura de son: / Iván Mosqueira

Directores

 Alfonso Castaño Emilio Fernandez

Elenco

  
Luma Gómez Suso Cortegoso Xaime Aguiar Ángel Outerelo Marta González
Manuel Pombal Alfredo Rguez. Ángel Regueiro Miguel Llanderas Manuel Novoa

 

IMAXES DO FILME

VER TRAILER / ANACO