A MARIÑEIRA

Filme galego do ano 2007 dirixido e co-escrito por Antón Dobao que foi estreado na TVG o Día das Letras Galegas de 2008. Baseado no relato “A Mariñeira de Quilmas”, de Darío Xohán Cabana.

A través de “A Mariñeira” navegamos rumbo á época máis cruda do pasado histórico recente deste país: a Guerra Civil e os primeiros anos da posguerra. Esta filme permítenos, por unha banda, ser testemuñas do terror do ano 1936 e seguintes e das ilusións frustradas de tanta xente ao estourar a guerra. Introdúcenos nunha historia particular de aventuras, amor, inxustizas, guiada pola valentía dunha muller nunha vila mariñeira galega, en Carnota. Concretamente en Quilmas, na parroquia de Pindo, entre a paisaxe rosada do monte e o mar inmenso, asistimos aos costumes da época e da zona. Drama histórico que conta a valentía dunha muller galega que fará fronte á opresión da época e as inxustizas sociais e de xénero que asolan a poboación. 

Titulo orixinal: A Mariñeira
Tipo: Longametraxe
Xénero: Dramafilme para tvfeito real
Coprodución
Realizada a cor
Duración: 85'
Orixe: Galicia
Ano: 2007
Idioma V.O.: Galego
Orzamento: 758.300 €
Porcentaxe subvencións: 13,85 % 
Capital Galego: 54 %

Emisión ou proxección / TVG / Cines Xunqueira
Produtora / Diagonal TV / Ficción Producciones, S.L. /TV3 / Televisión de Galicia (TVG) 
Subvención ou axuda pública / Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) / ICEC

 

FICHA ARTÍSTICA

Axudante de dirección: / Tania R. Pino 
Dirección artística: / Curru Garabal 
Dirección de produción: / Mamen Quintas 
Dirección fotografía: / Suso Bello / Suso Bello 
Figurinista: / Ana López 
Guionista: / Xabier Cordal / Antón Dobao 
Maquillaxe: / Marta Prats 
Montaxe: / Luís Faraón 
Música: / Manuel Riveiro 
Perruquería: / Trini F. Silva 
Produción Executiva: / Julio Casal / Albert Sagalés 
Xefatura de son: / Joan Riba

Director

Antón Dobao

Elenco

Camila Bossa Xosé Barato César Cambeiro Monti Castiñeiras Mónica García
Suso Lista Lucía Regueiro María Vázquez Iria Abelleira Roger Casamajor
M. Carballal Xoel Fernández Antela Cid Rubén Ríos Xulio Abonjo
A. Durán "Morris" Pepe Penabade  Jordi Banacolocha    Marc Cartes   Olalla Escribano

Autor da obra

Darío X.Cabana 

IMAXES DO FILME

VE-LO FILME EN LIÑA

BAIXA-LO FILME

VER TRAILER / ANACO